As nosas adestradoras de ximnasia rítmica
CREAMOS EQUIPO CON COMPROMISO E PAIXÓN
Profesionais acreditadas
Coñece o noso equipo técnico
O noso equipo de monitoras de ximnasia rítmica mantén un nivel moi alto de adestramento en todas as súas clases. Na nosa práctica utilizamos coñecementos de psicoloxía e coaching, que nos axudan a desenvolver a autoestima de cada ximnasta, mellorando tanto a súa autoconfianza como a súa condición física. Esforzámonos en crear unha experiencia positiva de crecemento, ensinando a considerar a práctica deportiva como hábito de vida, os valores do traballo en equipo e a importancia do esforzo e o compromiso persoal para acadar o éxito. No noso programa de clases encaixan ximnastas de calquera condición física e idade dende os tres anos.
WENDY REY
Wendy é a fundadora e actual presidenta do Club Viravolta. É adestradora Nacional Nivel III (máximo nivel) e xuíza Nacional de Ximnasia rítmica de Nivel II, ademais de Licenciada en Psicoloxía clínica pola USC e posgrao en Coaching directivo e deportivo. Tamén é Técnico Avaliador de Graos, (RFEG) na Especialidade de Ximnasia. Wendy conta con 14 anos de experiencia como adestradora, e levou ao Club para conseguir diferentes premios en varios campionatos a nivel nacional e autonómico. Ademais de monitora de ximnasia rítmica, Wendy é organizadora do Xacobeo Viravolta Jael.
MARTA COMENDADOR
Marta é adestradora de apoio e axudou ao noso club a coseguir diferentes premios. É Adestradora Autonómica de ximnasia rítmica de Nivel II e obtivo o primeiro grao en Ballet Royal Academy of Dancing. Graduada en Educación primaria, no momento actual está a cursar un grao en Psicoloxía, o que lle achega coñecementos e habilidades moi valiosos para o adestramento infantil. Ademais é Monitora de tempo libre.
SILVIA PENA
Silvia é Adestradora Autonómica de Ximnasia Rítmica de Nivel I e unha das Ximnastas do club con desempeño máis sobresaliente. Foi Campioa Galega en 2013 e 2014, e subcampioa galega en 2015 e 2017. No ano 2019 volveu ser Subcampioa Galega e clasificouse para a Copa Nacional. Actualmente comparte os seus coñecementos e o seu bo facer inspirando a ximnastas máis novos como monitora de ximnasia rítmica. Ademais de adestradora de ximnasia rítmica, Silvia é organizadora do Xacobeo Viravolta Jael.
ANA COLADAS FERNÁNDEZ
Resultados destacados: medalla de bronce no Campionato de España de conxuntos Murcia 2018, oitava na Copa de España de conxuntos Santander 2022 e seis veces campioa galega no Club As Triscas de Pontevedra.
XIANA VIDAL ARIAS
Xiana é Adestradora Autonómica de Ximnasia Rítmica de Nivel II. Foi ximnasta do club desde os 10 anos logrando Proclamarse Campioa de España en 2021 na modalidade de conxuntos e campioa galega en varias ocasións actualmente estuda un ciclo superior de ensino e animación sociodeportiva. Ademais de adestradora de ximnasia rítmica, Xiana é organizadora do Xacobeo Viravolta Jael.
IRIA ÁLVAREZ FUENTES
Resultados destacados: campioa de España 2019, terceira de España 2020, medalla de bronce na I fase da Copa de España 2021 e campioa da II fase da Copa de España 2021. Dúas medallas na clasificación por aparellos da liga Iberdrola en 2019 e 2020.
NURIA GARCÍA MARTÍNEZ
Adestradora de Ximnasia Rítmica Nivel I.
Comezou a súa traxectoria no club como ximnasta en 2015, sendo parte do equipo ata 2025. Ao longo da súa carreira deportiva, destacouse a nivel nacional desde 2018, logrando múltiples títulos na modalidade de conxunto.
Entre os seus logros máis destacados atópanse:
- Campioa de España en cadete 2021.
- Campioa Galega en alevín 2018 e infantil 2019.
- Subcampioa Galega en alevín 2018 e cadete 2021.
- Campioa xuvenil no I Torneo Internacional Viravolta Jael.
Tras esta etapa en conxunto, pasou á modalidade individual base, onde continuou durante tres anos, participando en dous campionatos de España nesta modalidade.
Actualmente, atópase cursando o ciclo superior de Ensino e Animación Sociodeportiva, combinando a súa paixón pola ximnasia coa súa formación académica.
LUCÍA IGLESIAS MÍGUEZ
Adestradora de nivel de iniciación e nova. En ximnasia rítmica desde os 7 anos.
Quinta de España no campionato nacional en Guadalaxara en 2019 na modalidade de conxuntos, e campioa galega en varias ocasións.
Actualmente está no último curso da carreira universitaria de Educación Infantil. É monitora de tempo libre en campamentos de verán.
LÚA PAJARES PÉREZ
Adestradora e xuíza de ximnasia rítmica nivel I. Participou en múltiples campionatos de españa, logrando proclamarse 2º a nivel individual na liga Iberdrola e obter a 3ª e 1ª praza por equipos da mesma en 2023. Actualemente realiza a titulación de pedagoxía pola USC.
MARTÍN CASAL DE LA FUENTE
Xuíz nacional de ximnasia rítmica acreditado pola RFEG.
Ximnasta do club desde hai 10 anos, campión e subcampión galego absoluto en numerosas ocasións e que conseguiu entrar nos 8 primeiros postos en varios campionatos de España.
ALBA GONZÁLEZ ARESTIN
PAULA VILLA MARIÑO
¿Queres traballar no noso club?
Patrocinador oficial