VACACIÓNS ACTIVAS
CAMPAMENTO DE VERÁN DE XIMNASIA RÍTMICA
Desde a última semana de xuño ata a primeira de setembro, nenas e nenos a partir de 5 anos poden gozar dun campamento de ximnasia rítmica de Viravolta, onde combinamos deporte, diversión e amizade.
Este campamento está aberto a socios e non socios, con prezos especiais para ximnastas do Club Viravolta e alumnos do Colexio Compañia de María Santiago, CEIP Lamas de Abade, Colexio A Ramallosa s e Club Ximnasia Ames.
Xogar, aprender e practicar ximnasia rítmica nunca foi tan divertido. Cada mañá adestramos e divertímonos con talleres, gymkanas e dramatización, creando unha experiencia que equilibra a actividade física cos xogos para que llo pasen en grande.
QUEN PODE APUNTARSE?
Nenos e nenas a partir dos 5 anos. Este ano como novidade valoramos abrir grupo para 3-4 anos, condicionado a un mínimo de rexistrados.
Poden apuntarse ao campamento tanto para nivel iniciación como nivel competición.
HORARIO
De luns a venres de 10:00h a 14:00h.
Plan Madruga gratuíto, atención a partir das 9:00h e ata as 14:15h (aviso previo).
PREZOS SOCIOS*/ NO SOCIOS
1 semana: 70€/85€
2 semanas: 130€/140€
3 semanas: 190€/200€
4 semanas: 250€/260€
5 semanas: 310€/320€
* Prezo de socios para ximnastas do Club Viravolta e alumnos do Colexio Compañia de María Santiago, CEIP Lamas de Abade, Colexio A Ramallosa e Club Ximnasia Ames.
SEMANAS
22-26 xuño
29 xuño- 3 xullo
6-10 xullo
13-17 xullo
17-21 agosto
24-28 agosto
31 agosto- 4 setembro
APÚNTATE AQUÍ!
SOCIOS
Descarga a documentación para inscribirte e envíaa a info@clubviravoltasantiago.com
NON SOCIOS
Se non es socio do Club Viravolta, descarga aquí a documentación para inscribirte e envíaa xunto a unha foto e a copia do DNI a info@clubviravoltasantiago.com
Tes algunha dúbida?
Protección de datos de carácter persoal
Protección de datos de carácter persoal (RGPD – Regulamento UE 2016/679 e LOPDGDD 3/2018).
Responsable dos datos: CLUB XIMNASIA RÍTMICA VIRAVOLTA
Finalidade dos datos: Non se cederán datos a terceiros. A finalidade é a de responder á túa solicitude ou consulta ou de enviarche información relacionada sobre novidades se dás o teu consentimento.
Dereitos: En calquera momento podes exercitar o teu dereito de limitar, recuperar e borrar os teus datos enviando un correo electrónico a info@clubviravoltasantiago.com.
