Campioas galegas

Dec 21, 2020 | Eventos Ximnasia

Gran estrea do CONXUNTO MIXTO este domingo en Ourense!

O novo equipo conformado por 4 mozas e 1 mozo soubo mostrar a súa valía no tapiz. Obtivo unha quinta posición e con isto conseguen a súa praza para o Campionato Nacional de Conxuntos que terá lugar entre o 13 e 17 de xaneiro.

O conxunto alevín proclamouse por terceiro ano consecutivo CAMPIÓN GALLEGO! e é que a estas nenas de entre 9 e 10 anos non hai quen as pare. Desde moi pequenas estiveron vinculadas ao mundo da ximnasia rítmica. A este conxunto “fenómeno” caracterízao a disciplina, esforzo e traballo. Sen dúbida, un gran orgullo para o club!.

O equipo infantil de 5 cintas proclámase tamén CAMPIÓN GALLEGO. Este conjuntazo mellorou notablemente o seu exercicio desde a pasada Copa Nacional que se celebrou en Valencia. Sodes moi grandes mozas!

Estamos emocionados cos resultados desta fin de semana, parabén a todos/ as! Esperamos que sigades evolucionando como ata o de agora e que nos fagades vibrar co noso deporte favorito no Campionato Nacional.

Todos os equipos e individuais do club adestrarán na medida do posible
durante as vacacións de Nadal para poder alcanzar os nosos próximos obxectivos.

Abrir chat
Hola ¿necesitas ayuda?
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?