TODAS As IDADES E NIVEIS

Clases de ximnasia rítmica

7 NIVEIS DE CLASES DE XIMNASIA RÍTMICA

DESDE INICIACIóN ATA NIVEL ABSOLUTO.

Ofrecemos clases para nenos e nenas que queiran iniciarse na ximnasia rítmica a partir dos tres anos de idade, unha oportunidade de formarse na disciplina deportiva mentres adquiren hábitos de vida saudables.

CLASES DE XIMNASIA RÍTMICA NIVEL COMPETICIÓN

No noso equipo dispoñemos de técnicos/as con formación e experiencia impartindo clases en todos os niveis e modalidades de ximnasia rítmica, capaces de lograr que cada ximnasta dea o mellor de si.

CAMPAMENTO DE VERÁN DE XIMNASIA RÍTMICA

Gustaríache gozar do verán mentres segues mellorando como ximnasta? Apúntache ao noso campamento de ximnasia rítmica de verán. Damos a benvida a calquera ximnasta a partir de cinco anos de idade. Ímolo pasar xenial!

MASTERCLASS DE XIMNASIA RÍTMICA

O noso club ofrece oportunidades de formarse con grandes ximnastas de prestixio recoñecido, organizando  masterclass con importantes descontos para ximnastas do club. Infórmate aquí!

XIMNASIA RÍTMICA PARA TODOS OS NIVEIS

Desde os primeiros pasos ata a elite deste deporte, cada ximnasta atopa no noso club as clases de ximnasia rítmica adecuadas ao seu nivel e á súa idade.  Ademais dos niveis, os grupos clasifícanse por idades para conseguir maior cohesión no equipo. Conforme aumenta o nivel, aumenta a esixencia e o compromiso.

icono club viravolta santiago
1 NIVEL INICIACIÓN

Para ximnastas que se inician neste deporte. Realizan varias exhibicións ao ano, sen carácter competitivo.

icono club viravolta santiago
2 NIVEL INTER - ESCOLAR

Para ximnastas que se inician neste deporte e queren entrar no mundo da competición. Participan entre dous e tres competicións anuais de carácter non oficial.

icono club viravolta santiago
3 NIVEL ESCOLAR

Neste nivel comézanse a perfeccionar os elementos básicos de ximnasia, e compítese a nivel autonómico. Participan (entre outras) en dúas competicións provinciais.  E se quedan entre os 3 mellores equipos da provincia clasifícanse para o campionato galego. No caso de clasificarse no 1º ou 2º posto no campionato galego pasan obrigatoriamente ao seguinte nivel: promoción.

icono club viravolta santiago
4 NIVEL PROMOCIÓN

Neste nivel de competición autonómica, acoden a competicións por toda Galicia, principalmente Pontevedra e A Coruña. A esixencia e disciplina é un pouco maior que na competición escolar.

icono club viravolta santiago
5 NIVEL PRE-BASE

É o máximo nivel no que se pode competir en Galicia, sexa na modalidade de conxuntos como en individual. As competicións autonómicas (do mesmo xeito que as anteriores) divídense en dúas fases provinciais e de ser o caso, o campionato galego (a fase final). Participan tamén noutros torneos deportivos como complemento á súa preparación para as fases.

icono club viravolta santiago
6 NIVEL BASEE

Neste nivel particípase en competicións de ámbito nacional. As horas de adestramento e traballo son maiores, xa que a competición así o require. Hai dous campionatos nacionais ao ano (en abril e en novembro) no que participan ximnastas que se clasifican nos “Campionatos galegos clasificatorios para nacionais”.  Ademñas é fundamental a súa participación en torneos e outros eventos (dentro e fóra de Galicia) como preparación para o Campionato de España.

icono club viravolta santiago
7 NIVEL ABSOLUTO

Aquí atópase a elite da ximnasia rítmica. Dependendo da modalidade (individual ou conxunto) participan nos “Campionatos Nacionais”. A carga de adestramento é igual ou superior á de nivel basee, entre 3 e 5 horas diarias. Tamén é necesario clasificarse no “Campionato Galego” para poder acceder aos nacionais.

Moito máis que clases de ximnasia rítmica

A ximnasia rítmica fusiona a práctica deportiva coa beleza artística da danza. Nas nosas clases, cada ximnasta ten a oportunidade de aumentar a súa flexibilidade e as súas habilidades atléticas, desenvolver a coordinación e adquirir elegancia nos movementos. En esencia, a ximnasia rítmica é  autoexpresión. Practicar ximnasia rítmica esixe dedicación, concentración e esforzo. A cambio, adquírese seguridade e autoestima, aprenden a organizarse e orientarse cara obxectivos.

club de gimnasia santiago

PRIMEIRA CLASE GRATUÍTA: SEN COMPROMISO

Como di a famosa frase “O primeiro paso non te leva onde queres ir, pero achégache a onde queres estar”. Será xa o momento de dar ese primeiro paso?.

aprender gimnasia ritmica

Pide a túa primeira clase agora

Practicaches ximnasia rítmica algunha vez?

En que nivel practicou ximnasia rítmica?

Prefiro que me contacten por:

Cando prefires que che chamemos?

Protección de datos de carácter persoal

Protección de datos de carácter persoal

Protección de datos de carácter persoal (RGPD – Regulamento UE 2016/679 e LOPDGDD 3/2018).

Responsable dos datos: CLUB XIMNASIA RÍTMICA VIRAVOLTA

Finalidade dos datos: Non se cederán datos a terceiros. A finalidade é a de responder á túa solicitude ou consulta ou de enviarche información relacionada sobre novidades se dás o teu consentimento.

Dereitos: En calquera momento podes exercitar o teu dereito de limitar, recuperar e borrar os teus datos enviando un correo electrónico a info@clubviravoltasantiago.com.

Visita a nosa sección de preguntas frecuentes para ver máis información interesante para ti

clases gimnasia ritmica niños y niñas

Patrocinador oficial

logo jael joyeria
Abrir chat
Hola ¿necesitas ayuda?
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?