A ximnasia rítmica en Santiago de Compostela fará historia a fin de semana do 20 e 21 de novembro de 2021. JAEL XOIERÍA e a marca LONGINES xunto o noso club deportivo traerá ás ximnastas líderes mundiais Dina e Arina Averina á nosa cidade. A Xunta de Galicia, Xacobeo 21.22 e o Concello de Santiago participan nesta iniciativa.
Por unha banda, o sábado 20 de novembro Dina e Arina Averina impartirán unha Master Class nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro (Lugar de Monte Redondo, s/n ). Na sesión de mañá impartiranse as clases de ximnasia rítmica ás nenas e nenos de nivel autonómico e na sesión de tarde será a quenda para as ximnastas de nivel nacional. As prazas da master class esgotáronse o mesmo día que se abriu o prazo de inscrición todo un éxito!.
O evento do ano en Santiago!
Doutra banda, o domingo 21 de novembro terá lugar o campionato de ximnasia rítmica xunto coa GALA VIRAVOLTA- JAEL no Multiusos Fontes do Sar (Rúa de Diego Bernal, s/n). O evento está amadrinado pola ximnasta olímpica Carolina Rodríguez, que estivo ao noso lado desde que se organiza un “campionato+gala ximnasia rítmica” destas características en Galicia. O programa provisional é de 10.00 h.-14.30 h. pendente de confirmar (Estimación: 10.00 h.-12.30 h. CAMPIONATO; 12.30 h.-14.30 h. GALA)
No campionato, o VII TORNEO VIRAVOLTA JAEL, participarán máis de 12 clubs procedentes de León, Madrid, Palma de Mallorca, Barcelona, Galicia… máis de 100 ximnastas competirán neste evento como preparación tamén ao campionato de España de ximnasia rítmica que se celebrará en Valladolid a semana próxima.
Unha Gala benéfica
A GALA VIRAVOLTA- JAEL ten un fin benéfico. O importe recadado nas entradas será doado integramente á fundación ASANOG para axudar a nenos oncolóxicos de Galicia. As confirmacións para a gala deste ano non teñen precedentes: Dina e Arina Averina, Ekaterina Selezneva e Aleksandra Soldatova son as estrelas rusas que alumarán a gala o próximo 21 de novembro en Santiago de Compostela. O Club Ritmo de León tamén colabora neste acontecemento: Paula Serrano, Sol Martínez e Cristina Korniychuk (ximnastas da selección da Real Federación Española de Ximnasia RFEG) estarán presentes na gala acompañadas pola prestixiosa adestradora Ruth Fernández, ex adestradora do Centro de Alto Rendemento de León e fiel compañeira de Carolina Rodríguez nas olimpíadas de Londres 2012 e Río 2016. Ademais, Candela Martínez (medalla de bronce este ano en cinta no campionato de España) e Marta Bobo, nai de Candela e ximnasta olímpica en Los Ángeles 1984 asistirán ao evento.
APOTEÓSICO ACONTECEMENTO RITMIQUERO EN GALICIA!
ESTADES TODOS CONVIDADOS!