documentación e follas de inscrición socios

CAMPAMENTO VERÁN 2025

COMO ANOTARSE?

Debes encher a seguinte documentación e enviala por correo electrónico a info@clubviravoltasantiago.com

a) Folla inscrición

b) Xustificante bancario pago. Conta bancaria: Club Viravolta BBVA ES15-0182-5921-1102-0157-1867. Concepto: VERÁN + Nome e apelidos ximnasta.

Esperámosche!

CONSIDERACIÓNS:

1. O club resérvase o dereito de anular as semanas de “Campus Verán” si non hai o mínimo de 10 inscritos ou si o Concello de Santiago non concede instalación. Neste caso, será devolto o importe proporcional ó socio/a.

2. A instalación do “Campus Verán” poderá variar en función da concesión do Concello de Santiago. Está previsto que o Campus se desenvolva en: Pavillón Pontepedriña/ Santa Isabel (Santiago de Compostela).

3. É preciso que os/as alumnos/as asistan con roupa cómoda e axustada, en calcetíns ou punteiras, con esterilla, merenda e co pelo recollido nun moño ou coleta (si é o caso).

4. Os/As ximnastas deberán de responsabilizarse de levar o seu aparello cada día correspondente da semana. No caso de non dispoñer del, o club prestará o material.

5. Non se devolverá o importe pagado polo “Campus de Verán” por faltas de vacacións, enfermidades…. Exclusivamente se devolverá no caso de atopar algún erro na inscrición ou por cuestión de cancelación dalgunha semana por motivos da dirección do club (si non se cubren as prazas mínimas para a realización do curso…).

6. O persoal do club non se fai responsábel dos obxectos esquecidos nas instalacións, pero comprométese a gardar todos os que encontré durante 2 meses.

7. A admisión ó CAMPUS VERÁN só quedará confirmada cando se reciba a documentación e o xustificante de pago no correo: info@clubviravoltasantiago.com

Logo Jael Joyería
logo concello de Santiago
LOGO XUNTA DE GALICIA
LOGO DEPORTE GALEGO
LOGO DEPUTACIÓN
XACOBEO 21
Logo horizontal Club Viravolta Santiago Gimnasia Rítmica
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.