DOCUMENTACIÓN E FOLLAS DE INSCRICIÓN non SOCIOS

CAMPAMENTO VERán 2023

COMO ANOTARSE?

Debes encher a seguinte documentación e envialos (5 documentos en total) por correo electrónico a info@clubviravoltasantiago.com

a) Folla inscrición.

b) Folla de Protección de datos.

c) Xustificante bancario pago. Conta Bancaria CLUB VIRAVOLTA: BBVA ES15-0182-5921-1102-0157-1867 Concepto: VERÁN + Nome e Apelidos ximnasta. 

d) Copia DNI alumno/a.

e) Foto carné (co fondo branco).

Esperámosche!

CONSIDERACIÓNS:

1. O club resérvase o dereito de anular as semanas de “Campus Verán 2023” si non hai o mínimo de inscritos. Neste caso, será devolto o importe proporcional ó socio/a.

2. A instalación do “Campus Verán 2023” poderá variar en función da concesión do Concello de Santiago. Está previsto que o Campus se desenvolva en: Pavillón Pontepedriña/ Santa Isabel.

3. É preciso que os/as alumnos/as asistan con roupa cómoda e axustada, en calcetíns ou punteiras, con esterilla e co pelo recollido nun moño ou coleta (si é o caso).

4. Os/As ximnastas deberán de responsabilizarse de levar o seu aparello cada día correspondente da semana. No caso de non dispoñer del, o club prestará o material.

5. Non se devolverá o importe pagado polo “Campus de Verán 2023” por faltas de vacacións, enfermidades…. Exclusivamente se devolverá no caso de atopar algún erro na inscrición ou por cuestión de cancelación dalgunha semana por motivos da dirección do club (si non se cubren as prazas mínimas para a realización do curso…).

6. O persoal do club non se fai responsábel dos obxectos esquecidos nas instalacións, pero comprométese a gardar todos os que encontré durante 3 meses.

7. A admisión ó CAMPUS VERÁN 2023 só quedará confirmada cando se reciba a documentación e o xustificante de pago no correo: info@clubviravoltasantiago.com

Logo Jael Joyería
logo concello de Santiago
LOGO XUNTA DE GALICIA
LOGO DEPORTE GALEGO
LOGO DEPUTACIÓN
XACOBEO 21
Abrir chat
Hola ¿necesitas ayuda?
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?