Martín Casal, Subcampión galego na categoría sénior

Out 28, 2020 | Eventos Ximnasia, Ximnasia Rítmica

O sábado 24 de outubro celebrouse o  Cpto. Individual Masculino no pavillón “ As- Travesas” (Vigo) organizado pola Federación Galega de Ximnasia en colaboración co Club Maniotas. No inicio realizouse unha homenaxe a Rodrigo Vázquez Pardal, un dos pioneiros da ximnasia rítmica masculina en Galicia.

Este evento foi o primeiro campionato de ximnasia rítmica na nosa terra desde a aparición da pandemia. O seu protocolo era extenso, ben detallado e desde o noso punto de vista seguro, polo que esperamos póidanse celebrar moitos máis e poder gozar da competición na medida do posible.

Martín Casal representounos na categoría sénior con cinta, pelota e aro. Conseguiu proclamarse subcampión galego na clasificación xeral sendo o primeiro co seu exercicio de aro. Agora, prepárase para o Cpto. de España que se celebrará o próximo 15 de novembro no Colonial- Sport (Valencia).

Foi moi conmovedor poder regresar a unha das cousas que máis nos fai felices e ver aos demais clubs loitando por sobrevivir a pesar das restricións da nosa comunidade.

O deporte federado seguirá adiante, xuntos somos máis fortes!

gimnasia ritmica en santiago chicos
Obxectivo cumprido!

Obxectivo cumprido!

Os equiposalevín a, alevín b, infantil e cadete de nivel base participaron na competición clasificatoria para a Copa...

Abrir chat
Hola ¿necesitas ayuda?
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?