MASTERCLASS DE XIMNASIA RÍTMICA
ADESTRA CON REFERENTES
Cada ano en outubro, o Club Viravolta organiza unha masterclass exclusiva dentro do seu Torneo de Ximnasia Rítmica, con con grandes referentes a nivel nacional e internacional.
Unha experiencia única para ximnastas que queren aprender, inspirarse e vivir a ximnasia rítmica da man de grandes referentes deste deporte.
Grazas ao apoio do noso patrocinador JAEL JOYERÍA, en edicións anteriores contamos coa participación de grandes figuras como Carolina Rodríguez, 12 veces campioa de España, ou as irmás Averina, referentes mundiais da ximnasia rítmica.
Durante a masterclass, as ximnastas adestran e comparten pista con deportistas de elite, que transmiten non só técnica e experiencia, senón tamén a súa forma de entender o esforzo, a competición e a superación persoal.
Avisámosche cando se abra a inscrición?
Se queres participar na próxima masterclass de ximnasia rítmica do Club Viravolta, déixanos os teus datos e informarémosche en canto anúnciese a data e se abra o prazo de inscrición.
