O gran papel das nais e pais no deporte

Feb 17, 2021 | Ximnasia Rítmica

A práctica da ximnasia rítmica supón un compromiso e dedicación dos pais e nais que se converten no principal medio de transporte para acudir ós adestramentos e competicións, axudan á recuperación física e psicolóxica das lesións e fomentan hábitos de vida saudábeis. A realización dun ou varios deportes en cada membro da familia xera un gasto económico e unha organización familiar que vai mais alá do deportivo.

O papel que os pais e nais deciden tomar no deporte dos seus fillos e fillas é fundamental para o posterior desenrolo no mesmo, por iso é importante avaliar e valorar a implicación dos/das ximnastas. Dependendo das necesidades que demande, os pais e nais deben de adaptar a súa estimulación en maior ou menor medida cara unha ou outra dirección para evitar situación de risco como é o “burnout” ou “deportista queimado”, lesións ou abandono da práctica deportiva.

Igualmente, o rol de pais ou nai non debe xuntarse co do adestrador/a, xa que isto provocaría un conflito intercontextual que afectaría en diferentes aspectos da vida do deportista. A coherencia e cooperación entre pais/nais e adestrador/a deben ser a pedra angular na relación de ambos polo propio ben do/da ximnasta.

A implicación que os pais e nais poidan dedicar ós seus fillos/fillas no deporte debe fomentar a práctica do mesmo e contribuír o bo funcionamento psicolóxico do deportista convertendo o deporte nun lazo en común que propoña novas metas e afeccións conxuntas, que respecte a autonomía do neno/a e que consiga progresivamente o desenvolvemento integral do/da ximnasta a través da unión paterno/materna filial estable e duradeira.

¿Que se espera dos pais/nais  no deporte?

  1. Animar ó seu fillo/a a practicar deporte como parte dun estilo de vida activo. Sen presións, deixando que decida qué deporte quere practicar independentemente das calidades que teña o/a ximnasta neste caso.
  2. Entender o que o seu fillo/filla quere conseguir a través do deporte.
  3. Axudar a establecer metas de rendemento realistas.
  4. Axudar a entender e valorar as “leccións” que ofrece a súa participación deportiva. Nunha tempada é positivo que se produzan momentos “bos” e momentos “malos, de maneira que de cada un deles se podan extraer consecuencias beneficiosas e positivas. Entender o deporte como unha “escola de vida”.
  5. Axudar a encontrar responsabilidades co adestrador/a no equipo/a.
  6. Establecer pautas de comportamento apropiadas cando sexa necesario.
  7. Deixar que o neno/nena a cargo do/da adestrador/a nos adestramentos e competicións.
  8. Ofrecer ó adestrador/a información que concirne ó estado do neno/a que sexa útil para interpretar o esforzo, maneira de comportarse e rendemento durante os adestramentos.
Abrir chat
Hola ¿necesitas ayuda?
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?