Obxectivo cumprido!

Os equiposalevín a, alevín b, infantil e cadete de nivel base participaron na competición clasificatoria para a Copa Nacional de Conxuntos Base de 2021 o sábado 24 de abril en Ourense (pavillón dos Remedios). Todos eles están clasificados! Estamos moi orgullosos do empeño e traballo que mostraron neste mes para sacar a coreografía.

O equipo alevín a e alevín b obtiveron unha primeira e terceira posición respectivamente, o grupo cadete unha cuarta y o infantil unha terceira.

O domingo 25 de abril foi a quenda das nosas ximnastas xuvenís Candela Cerneira, Lucía Iglesias e Paula Fernández que competían por primeira vez no Campionato Galego Individual Base. A pesar dos nervios, defenderon o seu exercicio con moitísima forza. Alba Varela Ponte, a nosa ximnasta máis veterana participou tamén nesta competición obtendo unha praza para o Campionato Nacional Base Individual.

Os conxuntos alevín a, infantil e cadete prepararán neste mes a súa próxima cita: Copa Nacional de Conxuntos que terá lugar a finais de maio principios de xuño con sede aínda descoñecida. O conxunto alevín b participará en competicións autonómicas e as ximnastas individuais finalizarán a súa tempada para preparar a tempada de conxuntos.

Foi un fin de semana de tensión, emoción e ilusión. Parabéns a todas as ximnastas pola súa dedicación, seguiremos traballando para que demostredes o mellor de vós nos próximos obxectivos!

Club Viravolta Santiago gimnastas con medallas
Club Viravolta Santiago gimnastas con medallas
Club Viravolta Santiago gimnastas con medallas
Club Viravolta Santiago gimnastas con medallas
Logo horizontal Club Viravolta Santiago Gimnasia Rítmica
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.