PAIXÓN
unha palabra que une a adestradoras e ximnastas. Paixón pola ximnasia rítmica, por cumprir metas, por perfeccionar cada elemento día tras día, sen renderse. A confianza entre as dúas será o empuxón para lograr os seus obxectivos.
“Din” que as adestradoras son como “unha segunda nai” polo sacrificio e entrega cara á evolución dos seus ximnastas; para unha adestradora os seus ximnastas son tan sumamente especiais que dedicarían unha vida para perseguir os soños das súas alumnas.
Nos 9 anos que cumpriu o club vivimos diferentes experiencias das que de momento sacamos 3 conclusións:
1. “Todo o que sementas, recíbelo”.
Non foi a primeira vez que unha adestradora se desmotiva por non lograr o seu obxectivo co seu ximnasta ou equipo ou outros moitos porqués que se viven diariamente. A cuestión é que as mesmas palabras de apoio e ánimo que unha adestradora expresa ás súas pupilas son as que recibe cando máis o necesita, un “ feedback emocional” que nos fai seguir loitando e traballando con máis ilusión.
2. “Complicidade”
A que comparten ximnasta-adestradora, horas de esforzo, bágoas, éxitos, fracasos… todo este camiño crea un lazo afectivo elemental para chegar a realizar un traballo “ fetén”; contando co importantísimo papel dos pais e nais, está claro.
3. “Todas as adestradoras encaixan con todas as alumnas e viceversa?”
Vimos como moitas veces “chocan” adestradoras e ximnastas, percibímolo como normal xa que a convivencia continuada crea momentos de tensión, cabreo, frustración e ira, algo que existe en calquera relación e que xestionando de forma adecuada chega a ser ata produtivo.
A nosa resposta á pregunta é TOLERANCIA, non existen adestradoras “perfectas” para ximnastas “perfectas” nin tampouco ximnastas “mediocres” para adestradoras “mediocres”, o “querer é poder”, así que se ambas as partes respéctanse e teñen un obxectivo común, todo fluirá!.