EVENTO ANUAL
TORNEO de ximnasia rítmica
XACOBEO DE XIMNASIA RÍTMICA
V TORNEO INTERNACIONAL + VI GALA VIRAVOLTA JAEL
Os días 24 e 25 de outubro de 2026, os clubs internacionais de ximnasia rítmica teñen unha cita en Santiago de Compostela, onde se celebrará o 5º Torneo Internacional Viravolta-Jael rematando coa 6ª Gala Internacional de ximnasia rítmica.
DATA
24 e 25 de outubro de 2026
LUGAR
Multiusos Fontes do Sar | Rúa de Diego Bernal, s/n, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña.
COTA DE INSCRICIÓN
Individual: 15€/aparello.
Conxunto: 40€.
DELEGACIÓN POR CLUB
INDIVIDUAL BASE (Normativa Base RFEG) 2 Máx/cat.
INDIVIDUAL ABSOLUTO (Normativa FIG JUNIOR/SENIOR) 4 Máx/Cat. Máx. 2 aparatos gimnasta + 1 reserva.
CONJUNTOS ABSOLUTO (Normativa FIG JUNIOR/SENIOR) 5 Máx.
CONJUNTOS BASE y PREBASE (Normativa RFEG) 5 Máx.
PROGRAMA PROVISIONAL**
24-10-2026 SÁBADO MAÑÁ
8.30h.-15-00h.: Competición Individual Feminina, conxuntos absoluto e primeira categoría
25-10-2026 SÁBADO TARDE
17.30h.: Gala Internacional (prezo da entrada por determinar).
Colaboración con Fundación Andrea (Asociación de apoio para nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais)
26-10-2025 DOMINGO MAÑÁ
8.30h.-15.00h.: Competición Individual Masculina e conxuntos basee-prebase.
** O horario do programa poderá sufrir modificacións en función do ritmo de competición e exhibición en caso da Gala.
APÚNTATE AQUÍ!
- As inscricións realizaranse enviando o formulario de inscrición en pdf cuberto en todos os seus campos a: torneoviravoltajael@clubviravoltasantiago.com: torneoviravoltajael@clubviravoltasantiago.com
- O número de participantes é limitado, polo que a admisión será por orde de inscrición.
- Datas de inscrición desde o 13 de xullo de 2026 ás 10.00h. ata o 20 de agosto de 2026 ou ata esgotar prazas.
- É obrigatorio que todos os participantes (ximnastas e técnicos) teñan tramitada a licenza federativa en vigor.
Esperámosvos un ano mais con moita ilusión!
XACOBEO DE XIMNASIA RÍTMICA
NA PRENSA
Carolina Rodríguez
XIMNASTA OLIMPICA E madriÑa do Torneo Viravolta Jael
Temos o orgullo de contar coa ximnasta olimpica española que máis títulos nacionais conseguiu como madriña do noso torneo. Estes son os premios máis relevantes do seu palmarés:
- Campioa dos Xogos do Mediterráneo en 2013.
- 3 veces olímpica: competiu en Atenas 2004 en grupo (7ª posto), en Londres 2012 como ximnasta individual (14ª posto) e en Río tamén na modalidade de individual conseguindo diploma olímpico (7ª posto) e consagrándose coma a ximnasta máis veterana en competir nuns xogos olímpicos con 30 anos.
- 12 veces campioa de España.
- En 2016 foi recoñecida coa medalla de bronce da Real Orde ao Mérito Deportivo.
Carolina colabora co club tamén como monitora dalgunhas das masterclasses de ximnasia rítmica que organizamos periodicamente.
JAEL JOYERÍA impulsa e patrocina o noso torneo
O torneo Jael Viravolta celébrase grazas ao compromiso e o esforzo do noso patrocinador, Jael Joyería, en colaboración co Concello de Santiago, a Federación Galega de Ximnasia Rítmica e a Real Federación Española de Ximnasia, entre outros.
Sobre Jael Joyería
Jael Joyería é o patrocinador oficial do Club Ximnasia Rítmica Viravolta desde o ano 2014.
Chema Fernández, fundador e director de Jael Joyería foi e é un apoio fundamental para esta entidade, non só economicamente senón tamén desde a perspectiva emocional, ofrecendo os seus recursos nos bos e non tan bos momentos que un club deportivo adoita atravesar ao longo da súa historia.
Ademais de traballar e colaborar co club na organización do Torneo Viravolta – Jael” , participa na organización das nosas MasterClass onde o noso grupo de ximnastas teñen a oportunidade de mellorar a súa técnica adestrando con grandes figuras da ximnasia rítmica.
Un millón de grazas por tanto, Jael!
Estás pensando en apuntarte a clases de ximnasia rítmica?
Visita o noso apartado de preguntas frecuentes para ver información interesante para ti.