Viravolta segue en crecimiento

Durante o ano 2022 o club aumentou a súa canteira, os seus éxitos deportivos e prepara xa a oitava edición do “VIRAVOLTA JAEL” VIII Torneo e Gala Internacional de ximnasia rítmica en Santiago de Compostela.

Foto competicion club viravolta chicas con medalla
Foto competicion club viravolta pleno de podiums

A Canteira

No club adestran nenos e nenas a partir dos 3 anos en todos os niveis, desde a iniciación neste deporte ata o máis alto nivel. Traballamos desde a base acompañando aos e as ximnastas na súa evolución e compartindo obxectivos para un óptimo desenvolvemento persoal, emocional e deportivo.

O equipo técnico mostra empeño e motivación en cada ximnasta e cada grupo buscando o mellor de si. Se tes dúbidas sobre como probar este deporte ponche en contacto connosco!

ÉXITOS DEPORTIVOS

Cabe destacar as dúas preseas de prata no Campionato Nacional Conxuntos Base (Valladolid 2021) na categoría alevín e tamén na Copa Nacional Base Conxuntos (Santander 2022) na categoría infantil. Ademais, o conxunto benjamín escolar proclamouse Campión Galego no mes de xuño deste ano. Estes foron algúns dos resultados destacados.

Salientamos na  aposta polo benestar de cada ximnasta independentemente do resultado das competicións. O obxectivo é claro: mellorar o rendemento deportivo en función das capacidades de cada ximnasta.

éxitos club viravolta
torneo medallas gimnasia ritmica santiago de compostela

TORNEO INTERNACIONAL XIMNASIA RÍTMICA

Jael Xoiería, patrocinador oficial desta entidade, confía e apóianos na oitava edición do “VIRAVOLTA-JAEL”; un torneo e gala internacional de ximnasia rítmica que conta coa elite do panorama nacional e internacional e que en cada edición gaña adeptos desde todas as comunidades autónomas e mesmo desde outros países.

O evento é amadrinado pola ximnasta olímpica Carolina Rodríguez e ten lugar no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela.

Esperámosvos este ano con máis novidades!

Abrir chat
Hola ¿necesitas ayuda?
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?