BENVIDOS, MOZOS!

XIMNASIA RÍTMICA PARA NENOS,

POR SUPOSTO QUE SI!

No Club Viravolta promovemos a práctica do deporte e consideramos irrelevante o xénero do noso alumnado. Para nós simplemente son ximnastas, persoas con gran potencial a quen adestrar e apoiar para chegar a ser vencedoras.

Fai máis de dez anos que a Real Federación Española de Ximnasia permite que ximnastas masculinos se federen e compitan, unha decisión que aplaudimos desde Club Viravolta.

Ximnasia rítmica para nenos en Santiago de Compostela

Se queres que o teu fillo veña a adestrar ao noso club e ten entre 3 e 16 anos, non o dubides: encántanos a idea!

No noso club temos excelentes ximnastas masculinos que contribuíron co seu esforzo para incrementar o noso  palmarés. Sen ir máis lonxe, o grupo cadete mixto foi campión de España este mesmo ano, e un dos nosos ximnastas foi campión galego en 2019 e subcampión en 2017 e 2020.

Queres adestrar no noso club? Reserva a túa clase de proba!

GIMNASIA RITMICA PARA CHICOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA VIRAVOLTA
Torneo de Gimnasia rítmica Viravolta Jael chico en torneo

Visita a nosa sección de preguntas frecuenteS con máis información interesante para ti.

Patrocinador oficial

logotipo jael joyeria santiago de compostela
xunta de galicia logo
logo federación galega de ximnasia
logo deporte galego
logo real federación española de gimnasia
deputación da couña logo
logo concello de santiago
Abrir chat
Hola ¿necesitas ayuda?
Hola 👋
¿En qué podemos ayudarte?