PAIXÓN | ESFORZO | COMPAÑEIRISMO
TRABALLAMOS EN EQUIPO PARA CHEGAR MÁIS LONXE
Ximnasia rítmica en Santiago de compostela
VIVINDO A XIMNASIA RÍTMICA
Dende 2011
No Club Viravolta Santiago ofrecemos clases de ximnasia rítmica deportiva de todos os niveis para nenas e nenos a partir dos 3 anos. O noso obxectivo é preparar e que cada ximnasta que vai competir acade o xito deportivo. Potenciamos as súas posibilidades ao máximo, inculcando actitudes e valores como a perseveranza, o esforzo, a superación, a responsabilidade, a disciplina e o valor do traballo en equipo.
Cando o obxectivo non é competir senón a práctica deportiva, a ximnasia rítmica tamén ten moito que ofrecer, e non só a nivel físico. Nas nosas clases avanzase no desenvolvemento persoal: melloran a súa autoestima, adquiren hábitos de vida saudables e afanse a traballar en equipo e a respectar as normas.
A primeira clase é de balde e sen compromiso: anímate a dar o primeiro paso!
Buscas unha actividade que axude á túa filla ou fillo a crecer, esforzarse e gozar do deporte?
É aquí!
Dá hoxe o primeiro paso para que empece ximnasia rítmica nunha contorna motivador.
RESERVA A túa CLASE DE PROBA
PAIXÓN E TALENTO NO NOSO EQUIPO TÉCNICO
O noso equipo de monitoras profesionais achega paixón e experiencia, enerxía e motivación, acadando resultados a partir de calquera condición física. Os seus éxitos reflíctense no palmarés do club, que acolle numerosos premios cultivados en campionatos oficiais a nivel autonómico e nacional.
PALMARÉS DEPORTIVO
Campión galego Ourense 2025 | Conxunto benjamin base
4ª Copa de España Selecta 2025 | Conxunto infantil base
5ª Copa de España Absoluto Castelló 2024 | Conxuntos junior absoluto
Campión de España 2021 | Conxunto cadete mixto
Campión Gallego 2020 | Conxunto alevín basee-nacional
Campión Gallego 2020 | Conxunto infantil base-nacional
Subcampión Gallego Martín de la Fuente 2020 | Nivel absoluto-nacional
Subcampión Sectorial Norte 2020 | Conxunto benjamín escolar
BUSCAS OUTRAS RESPOSTAS?
Visita o apartado de preguntas frecuentes
Queres unirte ao noso club de ximnasia rítmica en Santiago?
En Club Viravolta Santiago sempre hai espazo para o talento deportivo. Se o deporte é a túa paixón e a túa profesión, queremos coñecerte. Anímate a formar parte do noso equipo técnico!
Necesitamos:
- Adestradores/ as titulados/ as de ximnasia rítmica.
- Coreógrafos.
- Monitores/ as de lecer e tempo libre.
- Graduados en actividades físicas e deportivas.
- Profesores/ as de ballet.
- Psicólogo/a deportivo/a.
- Nutricionista.
- Fisioterapeuta.
Síguenos nas redes
NOVIDADES
Campioas galegas
Gran estrea do CONXUNTO MIXTO este domingo en Ourense! O novo equipo conformado por 4 mozas e 1 mozo soubo mostrar a...
Martín Casal, Subcampión galego na categoría sénior
O sábado 24 de outubro celebrouse o Cpto. Individual Masculino no pavillón “ As- Travesas” (Vigo) organizado pola...
Relación adestradora-ximnasta
PAIXÓN unha palabra que une a adestradoras e ximnastas. Paixón pola ximnasia rítmica, por cumprir metas, por...
Patrocinador oficial


